viernes, 30 de mayo de 2008

México e América

GALEGO
Grazas, digo grazas ao segundo país de onde máis visitas recibo.
Moitas grazas a todos os mexicanos visitantes do meu blog.
Ademais América é o continente dende onde máis me visitan incluso os estadounidenses que falan inglés visitan este blog.
Ata outro día

CASTELLANO
Gracias, digo gracias al segundo país de dónde más visitas recibo.
Muchas gracias a todos los mexicanos visitantes de mi blog.
Además América es el continente desde dónde más me visitan incluso los estadounidenses que hablan inglés visitan este blog.
Hasta otro día

ENGLISH
Thanks, I say thanks to the second country from where more visits receipt. Thank you very much to all the Mexican visitors of my blog. In addition America is the continent from where they visit to me more, the inhabitants of U.S.A. who speak English, even visit this blog.
Until another day

martes, 20 de mayo de 2008

Grazas




Hola amigos. Hoxe 20 de maio, estou algo ¡bueno! Pero dá igual.
Xa vexo que me visita moito a xente ¡qué ben! Aínda que non creo que saibades todos os que me visitades o que digo. Ya que tengo todo en GALLEGO. Por iso non creo que poidades traducir ou saber. Pero non a todos vos pasa iso, porque os galego tamén visitan os nenos da primavera.
Hoxe fun dar un paseo que meu querido can Copi. Aquí vai unha foto.

sábado, 10 de mayo de 2008

Cincitas


Hoxe é 10 de maio. Fai un tempo terrible. Chove, chove, e chove aínda que só hai dous días podíase andar con manga corta.
Meu irmán e máis eu fomos á vila ver que tiña cinzas, a gata de papá.
Ao final o único que nos dixeron foi que igual tiña cataratas ou que era xenético. Tamén nos dixeron que a viramos todos os días e que se le aumentaba a volveramos a levar.

jueves, 1 de mayo de 2008

Uxía e o Mar Máxico

Uxía é unha nena dunha vila mariñeira. Ten uns cabelos preciosos e curtos e uns ollos moi bonitos.
Vive cos seus pais e a súa irmá Tamara nunha casa ao carón do mar, e baixa todos os días ata a praia para relaxarse.
O outro día estaba sentada na Serea que é a súa rocha preferida e que lle puxo o nome porque nela foi a primeira vez que leu un conto de sereas.
O caso é, que aquel día, non todo estaba igual: o mar estaba máis tranquilo do normal, apenas había ondas. Tampouco estaban os señores que ían pasear todos os días e que sempre lle daban unha golosina.
Todo estaba en silencio.
Daquela, Uxía durmiuse mirando cara o mar.
Estaba tendo un soño no que ía en barco. Era un día de sol e íase bañar. Estaba moi, moi leda. O mar facíalle ser feliz, pensar que tiña todo e que poseía o mellor tesouro.
Tirouse á auga e de repente... ¡un golfiño! Falou con ela e díxolle o seu nome, Pool. Montouna no seu lombo e levouna polo fondo do mar. Apareceulle unha cola de peixe e podía respirar baixo a auga, ¡era unha serea! Era unha preciosidade; tiña unha cola amarela. Sentíase mellor ca nunca. Vía toda clase de peixes e moluscos.
Pero achegábase o perigo; un tiburón nadaba moi cerca. Agora xa non se sentía tan ben. Achegábase cada vez máis e perseguíaa continuamente. Intentaba pensar no feliz que era na Serea e cando viñan aqueles dous señores a darlle gominolas.
Ía papala cando... ¡aaaaaaah!
Uxía espertou moi asustada e con ganas de saber se o tiburón a come ou acaba sendo feliz na auga e coñecendo a outras sereas. Ademais había un montón de xente asustada preguntándolle que lle pasaba e ata estaban alí os seus pais
Logo dun cacho vaise bañar e ve un golfiño que lle guiña un ollo e lle sorrí. É aquel que a levou polo fondo do mar para que se sentise ben, era Pool.
FIN

Tico e Romi

Tico era un gato negro. Cando empezou a salvar a outros animais era un gato moi bo, pero agora, é un gato chulito. Sempre está contando as súas salvacións. Todos o ad-miran, aínda que o can, chamado Romi, non o admira para nada. Pensa que é un gato ao que non lle importan os demais senón a fama e, que se se encontrara nun apuro, non sabería salvarse.
Hoxe mesmo, Romi, vai demostrar o que el pensa.
Tico ía paseando polo bosque. Para el todo estaba perfecto. Aínda que estaba preocu-pado porque dende había uns días non tiña a ninguén a quen salvar. Mentres pensou:
- ¿Cando haberá alguén a quen salvar?- supirou e volveu pensar- ¡Canto me aburro!
Nese intre non miraba para onde ía e caeu no río. Chamou e chamou, berrou e berrou pero ninguén viña buscalo. Romi tendéralle unha trampa e todos estaban agochados detrás das árbores. Tico berreaba cada vez máis forte, e cando xa non podía máis, apareceu Romi. Meteuse na auga, nadou e salvou o gato.
Tico estaba moi agradecido e exclamou:
- ¡Moitísimas grazas! ¡Non sei que pasaría se non apareceras!
- Ninguén veu buscarte porque todos pensaron que sería unha broma e que poderías salvarte- explicou Romi
-¿En serio?- preguntou sorprendido-e...¿cómo pensaron iso?
-Pois... ¡porque es o heroe da aldea!
Tico marchou para a casa a secarse. Mentres pensaba no ocurrido. Non o entendía, ¿porque todos pensaban que podería salvarse? Ao chegar á casa entendeuno todo, ¡era
un heroe!. Camiñou cara a aldea e disculpouse con todos:
coa vaca, co galo,co coello,... e, sobre todo, con Romi.
- Perdoame Romi, sempre me chuleei de ser un heroe, de salvar a todos, pero agora, penso cambiar.
Dende aquela foi un gato moi bo e dixo que Romi sería o novo heroe da aldea por salvar a outro heroe.
Así, todos foron felices. Tico aprendeu unha leccióne Romi foi o mellor amigo do gato.
Fin


•Moralexa: Hai que ser bo e non querer aparentar para que
os demais non teñan ideas equivocadas sobre ti.