viernes, 19 de junio de 2009

Verán si, clases non



Que, xa me votabades de menos ¿¿ehh??
Pois volvín outra vez porque... ¡¡¡XA NON TEÑO MAIS CLASES!!!
Hoxe estou moi contenta aínda que na cara non se me note moito (é que aínda non mo creo). Despois dos 7 exames deta semana (sacados con bastante boa nota, aínda que está mal que o diga eu) estou feliz.
Agora que o verán está á volta da esquina xa se pode ir á praia, á piscina, tomar xeados... e sen ter que estar pendentes dos deberes. O único problema é que neste momento(na miña zona) non está moi bo tempo.
Espero que tod@s @s alumn@s galeg@s esten tan contentos coma min.

jueves, 18 de junio de 2009

MANIFESTACION

Onte participei en unha manifestación do meu sindicato contra a politica de recursos IN humanos da nosa empresa. Quixera pensar que vai valer de algo, pero a verdade e que os meus prexuicios en contra das manifestacions fainme ver as cousas negativas, e sinto que a hora e media de berros, pancartas, pasquines, megafonias e demais, non van facer que hoxe ou maña os meus compañeiros e mais eu poidamos traballar mellor, sen medo e ca cabeza alta.
O respeto dentro do traballo deberia ser un dereito basico, e non un motivo de loita. As persoas obteñen do seu traballo diñeiro, pero tamen poden obter outras cousas, coma relacions persoais, coñecementos, cultura, perspectivas de futuro (ilusions se o queredes). Pero si eliminamos todo isto, solo quedan os cartos, e con eles non se pagan os sufrimentos, as faltas de respeto, as amenazas. Os malos momentos dun traballo so se compensan cos bos momentos, non ca nomina, pero se non temos bos momentos...

lunes, 8 de junio de 2009

VACACIONS

Andamos a preparar as vacacions, os nenos, a tiamadrina e as nais (non sei para que queremos os homes...), e ainda que parece que o mundo se confabula contra os nosos planes, si non temos nada de novo, partiremos o catro de xullo cara a nosa independencia (moi americano me quedou esto). Vale, partiremos cara as illas, en busca de sol (lembrades o que e isto?) e de calor. A volta poñeremos algunha foto e contaremos as aventuras.
Cada vez que preparo unha viaxe pasame o mesmo, hai tantos sistios que ver que me patecen todos e non son quen de decidirme. Menos mal que este ano viña a cousa rodada...e vamos porquesi as canarias, que seria unha das miñas ultimas opcions de viaxe. E asi chego a misma conclusion que todos os anos: que mais dara a donde imos de viaxe, o importante e con quen se vai. Ningun sitio merece a pena sin a xente que o vive contigo.