sábado, 10 de abril de 2010

Bisbal e Miley Cyrus

O día que me enterei de que estos dous ían facer un dúo dixen: "¡¡cómo va facer estes un dúo por dios!! Non creo que quede ben..." e mira ti, que agora gústame moito a canción.
O malo que lle vexo, como ben dixo unha amiga miña, é que no videoclip parece que non se viron na vida. Pode que na realidade sí que se viran e se trataran e todo iso, pero no video non o demostran. Deberían facer polo menos unha escena xuntos. Así seguramente farían un mellor marketing.

A miña opinión.

VIAXE A LONDRES

Aínda falta 1 mes e 5 días e eu xa estou tola por chegar e ver o palacio de Buckingham, o Big Ben, a London Tower, o Madame Tussauds, o Támese e os postos de fish and chips.
Teño ganas de chegar alí, pero tamén hai que considerar que o de falar inglés vai costar un pouquiño. Haberá que practicar. Poderíamos estar falando eu e miña nai na casa. Cambiar o galego polo inglés ata que viaxemos, o que pasa é que non quero que se me olvide o galego jeje

Bikiños