martes, 22 de julio de 2008

Pechado por vacacións

¡Adeus...! Marcho ao outro lado do atlántico e ao hemisferio sur. A verdade é que estou nerviosísima e como di cuspe de pita "a miña cachola xa está subida no avión cruzando o atlántico".
Vou ver moita xente, dende os meus curmáns que xa viñeron a Galicia, ata xente que na miña vida falei con ela nin polo ordenador, nin por teléfono nin en persoa.
Cando volva xa poñerei algunhas fotos e xa saudarei a todos.

Despedidas para todos os meus lectores (excepción:arxentinos)

sábado, 5 de julio de 2008

HSM 1,2,3

Seguro que moitos dos que me visitan e que me deixan comentarios non saben que é HSM, HSM2 O HSM3. Pois ben, se mirades unha das antigas entradas veredes un vídeo no que aparece a protagonista. É unha película musical sobre uns rapaces que non se parecen moito. O que máis os une é a música.
Estes son os carteis das dúas películas ata agora presentadas aínda que vam facer outra "HSM3 LA GRADUACIÓN"



Hoxe quen queira ver a película 1 e que teña Disney Chanel pode vela ás 22:05/10:05

martes, 1 de julio de 2008

We are the champions

Somos os campións.
O día 29 de Xuño de 2008 a selección española gañou a Alemaña (1-0) na final da Eurocopa.
Toda España se aledou moito cando soupo que fóramos os gañadores. Todo Madrid saíra á rúa saudar aos nosos xogadores e a todo o equipo que acompañaba.

A selección que saíu ao campo (faltan algúns):


Os mellores (non con moitísima diferenza):
Fernando torres "El Niño"












Casillas "San Casillas"





David Villa "El Guaje"











O seleccionador Luis Aragonés: