lunes, 23 de junio de 2008

Noite de San Xoán, blog novo...

Hoxe día 23 de Xuño fixen moitas cousas.
Para comezar erguinme cedo para ir a Lugo á casa dos meus curmáns (os que comparten blog comigo). Como sempre puxéronse rebezos (é dicir a facer o tonto).
A mediodía chegou Cuspe De Pita á que case todos coñezedes e agardamos ata que fora hora de ir buscar ao meu irmán.
Viñémonos para a casa e descansei un pouco (máis ben máis de un pouco).
Agora estou escribindo aquí.
Hoxe é o diá da noite de San Xoán pero non vou falar moito deso porque xa hai blogs e blogs falando desta noite. Que teñades doces soños.
Agora que recordo teño un blog novo que se chama animales. Está feito principalmente para, claro está, falar de animales. Meu curmán insistiu moito en amañalo xa que lle gustan moito os animais. Aquí deixo a dirección: http://animalesyace.blogspot.com/

viernes, 20 de junio de 2008

Obra de teatro






Escrita por Fina Casalderrey e inspirada en Castelao (creo).

Adiós

Fin de curso. Xa non falta nada máis. Marcho e non volvo a ese colexio. Vou para o instituto.
Conto o que levo de día un pouco resumido. Primeiro ao chegar a clase (eu fun a última por motivos de autobús) estaban todos e xuntaran unhas mesas e compraran patacas gusanitos e refrescos. Tamén puxeran o regalo para a titora enriba da mesa. Mentres que non chegaba as mIñas compis aclaráronme todo.
Chegou a titora e estabamos nun recuncho da clase todos amontonados e ríndonos coma tolos mentres nos faciá unha chea de preguntas. Cando paramos de rir achegámonos a ela que estaba abrindo o regalo. Unha marabillosa placa de cristal coa nosa foto no centro. Tamén lle regalamos unha rosa e díxonos que deixáramos a comida para despois. Ademais había unha panacarta que poñía: "siempre te recordaremos"
Fomos cambiarnos porque tiñamos que interpretar dúas obriñas de Fina Casalderrey (creo que se escribe así). Eu iba de señorita rica de luto porque me morrera a cadela. (escribirei a obra despois).
Logo fomos tomar uns pinchos feitos pola A.P.A (Asociación de Pais de Alumnos)
Máis tarde fomos por unhas rosas para as profesoras que nos deran clase en todo o noso percorrido (ás que marcharon non lle as entregamos lóxicamente). Unha das profes era xefa de estudios e estaba falando con inspección. ¡Xa pensaramos que se lle pegara o teléfono á orella! ¡JAJAJAJAJAJA!
Fomos ao último recreo no colexio.
Celebramos o fin de curso e déronnos as notas. SB,SB,SB,... O QUE SAQUEI EU (SB=Sobresaliente).
E así acabou todo.

miércoles, 11 de junio de 2008

Época de exames e... ¡premio!

Estou de exames ata as narices e iso que aínda só tiven 3 e fáltanme 4. Aínda que a miña titora fíxonos un regalo a todos os da clase. Quitounos nada máis e nada menos que o exame de Coñecemento do Medio, ¡iso si que é un regalazo!
Ademais dos exames temos sorpresas para as profesoras e unha comida por planificar (celebramos xa que non pensamos volver ao colexio senón que sexamos profes) entón temos moito que facer.
Espero que os que me visitedes busquedes en calquera periódico de hoxe (mércores 11 de xuño) á nosa xa famosísima Viviana Catrillón (non leva faltas de ortografía e que se escribe así) que gañou o 1º premio de debuxo e lema de transplantes de órganos a nivel galego. Aledoume moito cando me enteri porque é unha das miñas mellores amigas.
Tivo moita sorte porque gañar entre moitos galegos participando... Bueno vamos dicir o premio pra crear un pouco de envidia. O colexio gastou 2000 € en material informático, deportivo e libros; entregáronlle unha placa á nosa titora; Viviana levou un portátil para a súa casa. ¿¡A que dá envexa!? ¡ E por riba ela non o vai poder disfrutar moito porque vai pasar para o instituto.

Espero que busquedes.

martes, 3 de junio de 2008

Xuntanza de blogueiros





Creo que xa é un pouco tarde para poñer algo sobre esta xuntanza pero vou poñer algo.
O outro día (concretamente o sábado) xuntámonos un grupiño de blogueiros en Agolada (Pontevedra).
Primeiro, unha banda de Agolada, tocou unhas pezas.
Logo estivemos pola vila para que nos explicaran cousas sobre ela. Dirixímonos aos pendellos para que o resto de blogueiros se presentaran.
Despois camiñaron ata o retaurante (nós fomos en coche)para ir comer.
Pasaron 2 horas e paseamos polo sobreiral do arnego. ¡ Incluso houbo unha persoa que iba con muletas! ¡ e iso que había que pasar por enriba dalgunhas pedras.
Camiñamos, camiñamos e camiñamos ata chegar ao autobús.
Máis tarde volvemos aos pendellos onde cantou Maruxa de Fuxan os Ventos, tocou a zanfonista e tocaron unhas rapazas a guitarra e a viola (eu daquela xa estaba cansa así que non me enterei de moito)
Marchamos porque a viaxe duraba unhas 2 horas.
E AQUÍ ACABA TODO.