miércoles, 13 de mayo de 2009

NAIS E FILLAS

Onte vin un video que me gustou moito. Creo que "cuspedepita" tera un enlace con el.
Fala de nais e fillas, do diferentes e iguales que somos.
Do orgullo que enche os corazons das nais o tamen o que medra nos das fillas.
De por que parte dos nosos meritos son de elas e da sua loita e o seu traballo.
Cando miro a miña nai sinto que ven de outro planeta, e o mesmo tempo vexo
que estamos tan cerca que as veces quero sair correndo.
Tantas veces me enfado con ela...e outras lembro o seu calorciño. O seu olor a curry,
a comino, especiado, a cociña.
E como as fillas de ese corto que vin, falo de ela chea de orgullo e de cariño.
Desde a distancia... que non me dan os kilometros, senon o feito de que no me podo
ver reflexada nos ollos das miñas fillas.

4 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Ola, tiamadrina ;-), gustoume moito a min tamén o vídeo, e heino recomendar en Cuspe, claro que si.
É curioso ver que case todas as nais nos sentimos orgullosas de transmitir ás nosas fillas o anceio de ser boa persoa e o amor ao traballo.
Creo que tamén tiveron a virtude de nos transmitiren a idea de que podemos facer o que nos propoñamos, sempre que invirtamos neso o esforzo necesario, sexa cal sexa o noso sexo, cousa que, para ser criadas na súa época, supón unha mentalidade abondo aberta.

Chuchos

Cuspedepita dijo...

Outra cousa, deixeivos en Cuspe un convite para participar nun concurso-sorteo dunha finde nunha casa rural ou un lote de productos galegos.
Vai ver e se che interesa participa. O premio apetece :-)

LM dijo...

mas também chegará o momento em que os que venhem atrás nossa se vejam reflectidos nos nossos olhos...lei de vida...
beijos

Os nenos dijo...

Moitas gracias a LM por este comentario. bicos tamen.

E para "cuspe" coma sempre...