jueves, 18 de junio de 2009

MANIFESTACION

Onte participei en unha manifestación do meu sindicato contra a politica de recursos IN humanos da nosa empresa. Quixera pensar que vai valer de algo, pero a verdade e que os meus prexuicios en contra das manifestacions fainme ver as cousas negativas, e sinto que a hora e media de berros, pancartas, pasquines, megafonias e demais, non van facer que hoxe ou maña os meus compañeiros e mais eu poidamos traballar mellor, sen medo e ca cabeza alta.
O respeto dentro do traballo deberia ser un dereito basico, e non un motivo de loita. As persoas obteñen do seu traballo diñeiro, pero tamen poden obter outras cousas, coma relacions persoais, coñecementos, cultura, perspectivas de futuro (ilusions se o queredes). Pero si eliminamos todo isto, solo quedan os cartos, e con eles non se pagan os sufrimentos, as faltas de respeto, as amenazas. Os malos momentos dun traballo so se compensan cos bos momentos, non ca nomina, pero se non temos bos momentos...

1 comentario:

Cuspedepita dijo...

Amén :-)) Non se pode dicir máis claro...
No traballo pasamos tantas horas que debería ser o lugar máis agradable que pisáramos, e sio deberían telo en conta os que nos pagan porque sen ningunha dúbida produce máis un empregado que traballa contento que un que está cabreado, estresado, ou perseguido.
Sobre todo nun sector como o teu no que as presións son enormes e agora máis que nunca...

Ás veces penso se en vez de camiñar cara adiante non estaremos camiñando cara atrás...

Chuchiños

¿Sabes que palabro me sae para verificar? Pois "nazing" ;-))