jueves, 1 de mayo de 2008

Tico e Romi

Tico era un gato negro. Cando empezou a salvar a outros animais era un gato moi bo, pero agora, é un gato chulito. Sempre está contando as súas salvacións. Todos o ad-miran, aínda que o can, chamado Romi, non o admira para nada. Pensa que é un gato ao que non lle importan os demais senón a fama e, que se se encontrara nun apuro, non sabería salvarse.
Hoxe mesmo, Romi, vai demostrar o que el pensa.
Tico ía paseando polo bosque. Para el todo estaba perfecto. Aínda que estaba preocu-pado porque dende había uns días non tiña a ninguén a quen salvar. Mentres pensou:
- ¿Cando haberá alguén a quen salvar?- supirou e volveu pensar- ¡Canto me aburro!
Nese intre non miraba para onde ía e caeu no río. Chamou e chamou, berrou e berrou pero ninguén viña buscalo. Romi tendéralle unha trampa e todos estaban agochados detrás das árbores. Tico berreaba cada vez máis forte, e cando xa non podía máis, apareceu Romi. Meteuse na auga, nadou e salvou o gato.
Tico estaba moi agradecido e exclamou:
- ¡Moitísimas grazas! ¡Non sei que pasaría se non apareceras!
- Ninguén veu buscarte porque todos pensaron que sería unha broma e que poderías salvarte- explicou Romi
-¿En serio?- preguntou sorprendido-e...¿cómo pensaron iso?
-Pois... ¡porque es o heroe da aldea!
Tico marchou para a casa a secarse. Mentres pensaba no ocurrido. Non o entendía, ¿porque todos pensaban que podería salvarse? Ao chegar á casa entendeuno todo, ¡era
un heroe!. Camiñou cara a aldea e disculpouse con todos:
coa vaca, co galo,co coello,... e, sobre todo, con Romi.
- Perdoame Romi, sempre me chuleei de ser un heroe, de salvar a todos, pero agora, penso cambiar.
Dende aquela foi un gato moi bo e dixo que Romi sería o novo heroe da aldea por salvar a outro heroe.
Así, todos foron felices. Tico aprendeu unha leccióne Romi foi o mellor amigo do gato.
Fin


•Moralexa: Hai que ser bo e non querer aparentar para que
os demais non teñan ideas equivocadas sobre ti.

1 comentario:

Cuspedepita dijo...

Quedáronche moi ben os dous contos, non sei cal me gusta máis :-))

Chuchiños