jueves, 1 de mayo de 2008

Uxía e o Mar Máxico

Uxía é unha nena dunha vila mariñeira. Ten uns cabelos preciosos e curtos e uns ollos moi bonitos.
Vive cos seus pais e a súa irmá Tamara nunha casa ao carón do mar, e baixa todos os días ata a praia para relaxarse.
O outro día estaba sentada na Serea que é a súa rocha preferida e que lle puxo o nome porque nela foi a primeira vez que leu un conto de sereas.
O caso é, que aquel día, non todo estaba igual: o mar estaba máis tranquilo do normal, apenas había ondas. Tampouco estaban os señores que ían pasear todos os días e que sempre lle daban unha golosina.
Todo estaba en silencio.
Daquela, Uxía durmiuse mirando cara o mar.
Estaba tendo un soño no que ía en barco. Era un día de sol e íase bañar. Estaba moi, moi leda. O mar facíalle ser feliz, pensar que tiña todo e que poseía o mellor tesouro.
Tirouse á auga e de repente... ¡un golfiño! Falou con ela e díxolle o seu nome, Pool. Montouna no seu lombo e levouna polo fondo do mar. Apareceulle unha cola de peixe e podía respirar baixo a auga, ¡era unha serea! Era unha preciosidade; tiña unha cola amarela. Sentíase mellor ca nunca. Vía toda clase de peixes e moluscos.
Pero achegábase o perigo; un tiburón nadaba moi cerca. Agora xa non se sentía tan ben. Achegábase cada vez máis e perseguíaa continuamente. Intentaba pensar no feliz que era na Serea e cando viñan aqueles dous señores a darlle gominolas.
Ía papala cando... ¡aaaaaaah!
Uxía espertou moi asustada e con ganas de saber se o tiburón a come ou acaba sendo feliz na auga e coñecendo a outras sereas. Ademais había un montón de xente asustada preguntándolle que lle pasaba e ata estaban alí os seus pais
Logo dun cacho vaise bañar e ve un golfiño que lle guiña un ollo e lle sorrí. É aquel que a levou polo fondo do mar para que se sentise ben, era Pool.
FIN

3 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Ola, tes dous premios no meu blog...Vai por eles se queres :-))

Chuchiños

paideleo dijo...

Bonito conto.

Os nenos dijo...

Grazas paideleo