viernes, 20 de junio de 2008

Adiós

Fin de curso. Xa non falta nada máis. Marcho e non volvo a ese colexio. Vou para o instituto.
Conto o que levo de día un pouco resumido. Primeiro ao chegar a clase (eu fun a última por motivos de autobús) estaban todos e xuntaran unhas mesas e compraran patacas gusanitos e refrescos. Tamén puxeran o regalo para a titora enriba da mesa. Mentres que non chegaba as mIñas compis aclaráronme todo.
Chegou a titora e estabamos nun recuncho da clase todos amontonados e ríndonos coma tolos mentres nos faciá unha chea de preguntas. Cando paramos de rir achegámonos a ela que estaba abrindo o regalo. Unha marabillosa placa de cristal coa nosa foto no centro. Tamén lle regalamos unha rosa e díxonos que deixáramos a comida para despois. Ademais había unha panacarta que poñía: "siempre te recordaremos"
Fomos cambiarnos porque tiñamos que interpretar dúas obriñas de Fina Casalderrey (creo que se escribe así). Eu iba de señorita rica de luto porque me morrera a cadela. (escribirei a obra despois).
Logo fomos tomar uns pinchos feitos pola A.P.A (Asociación de Pais de Alumnos)
Máis tarde fomos por unhas rosas para as profesoras que nos deran clase en todo o noso percorrido (ás que marcharon non lle as entregamos lóxicamente). Unha das profes era xefa de estudios e estaba falando con inspección. ¡Xa pensaramos que se lle pegara o teléfono á orella! ¡JAJAJAJAJAJA!
Fomos ao último recreo no colexio.
Celebramos o fin de curso e déronnos as notas. SB,SB,SB,... O QUE SAQUEI EU (SB=Sobresaliente).
E así acabou todo.

2 comentarios:

Os nenos dijo...

Máis tarde escribirei a obra e poñerei fotos.

Cuspedepita dijo...

Ruliña, seguro que a profe estaba ben emocionada, como todas as profes cando os "seus" nenos marchan do colexio, ou cambian de ciclo e xa non estarán para o ano con elas.
Ademáis a verdade é que a vosa clase é unha clase moi especial e hanvos botar moito de menos no colexio :-)
E vos tamén idos botar en falta o colexio, anque agora pensedes que non.