miércoles, 11 de junio de 2008

Época de exames e... ¡premio!

Estou de exames ata as narices e iso que aínda só tiven 3 e fáltanme 4. Aínda que a miña titora fíxonos un regalo a todos os da clase. Quitounos nada máis e nada menos que o exame de Coñecemento do Medio, ¡iso si que é un regalazo!
Ademais dos exames temos sorpresas para as profesoras e unha comida por planificar (celebramos xa que non pensamos volver ao colexio senón que sexamos profes) entón temos moito que facer.
Espero que os que me visitedes busquedes en calquera periódico de hoxe (mércores 11 de xuño) á nosa xa famosísima Viviana Catrillón (non leva faltas de ortografía e que se escribe así) que gañou o 1º premio de debuxo e lema de transplantes de órganos a nivel galego. Aledoume moito cando me enteri porque é unha das miñas mellores amigas.
Tivo moita sorte porque gañar entre moitos galegos participando... Bueno vamos dicir o premio pra crear un pouco de envidia. O colexio gastou 2000 € en material informático, deportivo e libros; entregáronlle unha placa á nosa titora; Viviana levou un portátil para a súa casa. ¿¡A que dá envexa!? ¡ E por riba ela non o vai poder disfrutar moito porque vai pasar para o instituto.

Espero que busquedes.

4 comentarios:

paideleo dijo...

Pois noraboa para todos.
Tratei de buscar Viviana Catrillón en google pero só aparece Viviana CaStrillón que é unha modelo de Playboy.
Sorte nos exames.

Os nenos dijo...

Busca en google o prpgreso e na páxina busca a edición impresa. Tes que descargala pero non importa (busca a do día 11 de Xuño).

d´Agolada dijo...

Que sorte, si que se enrolla a vosa titora, así calquera jjeeje. Bicos

Os nenos dijo...

pois sí si que se enrolla!