martes, 3 de junio de 2008

Xuntanza de blogueiros





Creo que xa é un pouco tarde para poñer algo sobre esta xuntanza pero vou poñer algo.
O outro día (concretamente o sábado) xuntámonos un grupiño de blogueiros en Agolada (Pontevedra).
Primeiro, unha banda de Agolada, tocou unhas pezas.
Logo estivemos pola vila para que nos explicaran cousas sobre ela. Dirixímonos aos pendellos para que o resto de blogueiros se presentaran.
Despois camiñaron ata o retaurante (nós fomos en coche)para ir comer.
Pasaron 2 horas e paseamos polo sobreiral do arnego. ¡ Incluso houbo unha persoa que iba con muletas! ¡ e iso que había que pasar por enriba dalgunhas pedras.
Camiñamos, camiñamos e camiñamos ata chegar ao autobús.
Máis tarde volvemos aos pendellos onde cantou Maruxa de Fuxan os Ventos, tocou a zanfonista e tocaron unhas rapazas a guitarra e a viola (eu daquela xa estaba cansa así que non me enterei de moito)
Marchamos porque a viaxe duraba unhas 2 horas.
E AQUÍ ACABA TODO.

9 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Mira que cuca a fonsagradina, que se escaqueou de coller o micrófono para presentarse nos Pendellos!!!

A próxima vez non te me escapas.

Unha aperta

busto.agolada dijo...

Esta si que é unha sorpresa. Había máis blogueiros ca os que contamos. Para a próxima vez xa non che vai ser posible pasar sen falar micrófono en man. Isto dos blogs é unha maneira de superar as reticencias á hora de falar diante do público.
Ánimo e sigue crecendo no blog. A escribir apréndese escribindo. E lendo. Non hai máis receitas.
Una saúdo desde Agolada a Fonsagrada.

paideleo dijo...

Así que ti es a filla de Cuspe de Pita !.
Mira ti por onde !.
Un saúdo e graciñas pola visita.

Paz Zeltia dijo...

Moitas gracias por facer unha crónica tan detallada da xuntanza! así as que non fomos enteramonos de algo!.
Quedouche un blog moi guapo! ahora a escribir tódalas cousas que che pasen pola cabeza (que seguro que a tes cheíña delas)
(o malo é que o verá tua nai!)

Angel Utrera dijo...

Pois onte DAvid, chegou todo alporizado donde min par aque lle dixera quen era "os nenos"....mira ti por donde, a mais lista de todos,
EStivo caladiña, aprendendo e mirando que se facia por estas terras baixas de internet...
VEño animo, recorda o que dixen eu, a min non me parece que a xente que esta ou escrfibe en internet, sexa obrigatoriamente intorvertida, timida,,,,,etc. antes ben, e xente aberta que conta cousas de se mesmo, e desexa comunciacion.
Ti tes madeira, asi que a tallar.

Unha aperta

d´Agolada dijo...

O que me custou descubrir quén eras, que misterio. Menos mal, que xa o resolvín., eres a filla de cuspedepita, a que si? E mira que nos vimos na Xuntanza e non me decatara así polas boas. Alédome de que tamén teñas un blog. Seguireite visitando. Bicos

prometeo dijo...

Os teus ollos grandes e sempre abertos delatabante, pero ningún de nos foi quen de pasarche o micro. Na próxima non te libras.
Unha agradabel sorpresa, é un bonito nome para un blog.
Apertas amiguiña.
Jose (o das muletas :P)

insomniorizar dijo...

ola elisa1
Pois ben agochadiña que ías na xuntanza, ou que cega ía, que che vin nos pendellos ca túa nai pola mañá e despois xa na máis.

Andabate toda tola ca camara eu , que aljunhas veces nin me don conta, pidoche desculpas.

pois agora mesmo, vou a agregarte o meu blo,e verasme de cando en vez por este recuncho.

Un abrazo guapa!
e a proxima, tu tamén micrófono!

Os nenos dijo...

Grazas a todos por visitarme.
E non vos preoucupedes que intentarei falar a próxima vez no micro.
Aínda que non creo que diga moito.