Hoxe pola mañá cando me levantei fun á cociña e mirei pola ventá... ¡ESTABA TODO NEVADO!
Nevou toda a santa mañá e aínda segue nevando.
Gústame moito que neve, o caso é que hoxe non me gusta moito. Queriá ir a Lugo para comprar un dos regalos de cumpleaños que me faltan con iña tía e púxoe a nevar.¡Que lle vamos facer!
6 comentarios:
A neve xa é un bo regalo. E para ir a Lugo has de ter máis días.
Moitos saúdos para os de Pobra do Burón.
Mira o que son as cousas: aquí en Bos Aires estamos nun forno.
Disfruta da neve.
Un saúdo.
Antón.
¿Porque nos gustara tanto a neve....?.E curioso que teña tantas connotacions fermosas, cos impedimentos e perigros que ten...Eu a verdade e que gustame si estou na cas, pero como case sempre teño que andar co coche para ir ao traballo...pois xa ves.
Un bico
Segue nevando por estos lugares e máis aló que hai neve case ata a cidade.
Leva nevando desde o sábado e aínda non toquei a neve practicamente.
¿QUe DEixou xa de nevar, ?¿Teño curiosidad por saber si fuches a Lugo, e cal foi o reglao que mercahces de cumpreanos.....?
Esta semana nevou moitísimo por aquí. Había 25 cm no vale e xa non me imaxino na vila.
Por sorte xa parou de nevar e xa acabamos o cole.
Pois ao final mercoumo miña tía. Foiunha bufanda e un gorro. A verdade é que é moi acertado.
Publicar un comentario